lunes, 14 de marzo de 2016

GONZÁLEZ LÓPEZ, Luis

Chamado Lois de Cando,  fillo de pais galegos, nace en Madrid en 1866 e  morre  en Barcelona no 1916.Coñecido como   “Él poeta de los cantares”, colaborou nas  máis  importantes revistas e xornais  da época.
No ano 1869  volta a terra,   e vive  un tempo cos seus avós paternos na  Casa de Méndez, en Neira de Rei, concello de Baralla.O seu sentir  galego perdurou  alén de Galiza , cando se mudou definitivamente  a Madrid coa súa familia .
Ricardo Gómez Polín recolle no seu libro A  víspera de San Xoan en Montecubeiro  (1891-1991) os poemas galegos  de Lois de Cando .


NEIRA DE REI

Non sei que sería, que tivo ese acerto,
non sei se iste é nome do tempo pasado
nin sei se isto é cousa dun xenio encantado.
¡Ningures mo dicen, de quen perguntei.!
Pero é nome posto cos cinco sentidos:
a terra cuberta de fruitas e froles,
a terra das nenas con cara de soles,
a terra encantada de Neira de Rei.
A nai que me quere naceu nesta terra
i ó pé dunha eiraxa, cal vellos creentes
descansan os corpos dos meus ascendentes:
¡de alí foi a nena que tanto chorei!
Nos anos primeiros da miña crianza
Correndo sin treguas polos soutos e prados;
subindo cerdeiras, saltando valados,
os tempos mellores da vida pasei.
Alí son as nenas xeitosas, garridas,
alí vin as caras máis lindas da terra,
o chao ten os puros prefumes da serra
i a paz dos patriarcas en ela atopei.
Os dolmes dos celtas i os castros dos mouros
ca ponte romana do Mazo, á mamoria
nos tran ós que rastros deixaron na Historia
i aquela terriña tivéronlle lei.
Por ela reñeron, en luitas de morte
legando seus aies ás augas do Neira,
que en tristes queixumes recorre a Riveira
en canto se aparta de Neira de Rei.
Que ten esta terra non podo sabelo,
que chora ó deixala quen pon os pés nela
i alábana todos que chegan a vela.
¡Que meiga de terra.! ¡Que ten non o sei!
Alí, vendo as augas de fontes e regos
do mundo as tristuras esquezo dorido.
¡E cuadrallo xeito seu nome garrido
a terra fidalga de Neira de Rei.!


UN BICO..
Estaba morrendo,
bicoume na frente,
e aquel bico de morte feriume
co fogo da febre.
Estaba a probiña
aspada ca sede,
folguexar non podía, i oupouse
sentada no berce.
Cheáronse de auga
seus ollos, namentres,
cuberto co pano,tapaba eu as bágoas,
querendo conterme.
"¡Adiós! " mui baxiño
¡non podo esquencerme!
me dixo ,"non chores: si a morte me leva,
¡que vas a facerlle!"
I entoncias, cos beizos
ardendo ca febre,
colleume a cabeza, chegóuma ó seu peito,
bicoume na frente.
Derriba da roupa
engorde caieuse,
e non puido decirme xa nada,
non puido xa verme.
Voaba a súa ialma
pró ceo, namentres
eu con ela quixera marcharme,
¡quixera morrerme!
Do bico postreiro
acórdome sempre,
i anínda sinto a calor dos seus beizos
no medio da frente.

De. A víspora de San Xoan de Montecubeiro e outros poemas galegos

Autor: Ricardo Gómez Polín