sábado, 3 de octubre de 2015

PIÑEIRO GONZÁLEZ, Vicente



.......
Xan Moxico, o demo, máis un demoño bulreiro,
 viñan aló polo ano 1997 montados nun burro 
polo Camiño Real e quixeron entrar na cidade
 de Lugo pola Porta Toledana.
E velaí:


Que aí vén polo camiño Xan Moxico,

ai vén acompañado dun bulreiro;
ai van un mailo outro polo outeiro,
montados coma Cristo nun burrico.

E o burro ve a muralla e fica o bico,
e buscan no concello alí un burreiro
que din que é un edil burro e voceiro;
un inútil coa pala e máis co pico.

Ó chegar preto á Porta Toledana:
de aquí non paso e o demo dixo ¡arre!
Arrea ti que a min non me dá gana.

Eu non che son un burro saltareiro,
a min aínda o demo non me engana.
Vai montarlle no lomo ó concelleiro.
...


Sete décimas escribo,

sete décimas políticas,
pras criaturas neolíticas
que viven aquí onde eu vivo,
e me manteñen cativo;
elas teñen o poder
e ás veces fano valer
pra manterme encarcerado,
arrestado e embargado.
Escribo para os foder.


De: Elexías