miércoles, 1 de noviembre de 2017

MASEDA BARRIO , Pilar


Mirando cara ao tempo
como vai facendo
espazos na memoria.

Costa traballo asimilar
que todo canto vivimos 
fose en balde.

Teño a sensación 
de que en calquera intre 
aparecerá o arco da vella 
no horizonte

Para sinalarnos
o camiño a seguir.

FRÍO

Vai frío pasa o tempo
e vai frío.
Frío na xente
frío nas verbas
friaxe nos sentimentos.
Que foi daquela calor sentida 
de cando era nena.
Onde está todo o que falta
todo o que non temos.
Onde aqueles rostros
aquelas voces
aquelas lembranzas sinxelas.
Os amores perdidos,
as amizades entrelazadas
entre sorrisos e bágoas.
Onda vai o que nos falta
non o lembro
non o lembro.


De: Libres Pensamentos  dende a rúa do Sol