viernes, 11 de octubre de 2013

CRECENTE VEGA, Xosé



Nace na parroquia de Santa María de Outeiro,concello de Castro de Rei o día 3 de xuño de 1986.Fillo de labregos ,ingresa no seminario de Mondoñedo e coincide ali con Trapero Pardo.Licenciase en Filosofía e Letras polas Universidades de Santiago e Salamanca.
En 1938 vai destinado ó Instituto de Ciudad Real .En 1940 pasa ó Instituto Ramiro de Maetzu  de Madrid.En agosto de 1941  foi nomeado  por oposición catedrático de latín no Instituto de Antequera.Un ano mais tarde é trasladado ao instituto de Segovia do que é nomeado director.Nesta cidade terá lugar o seu pasamento o 21 de marzo de 1948
Publica un so libro :Codeseira


ANOITECER

Vai o sol na furada.Os sapos pirguiceiros,
cansados baixo  as pedras de estar acochadiños,
salen tocar a frauta ás beiras dos camiños,
e escoitase nas regas os "grau-grau" barulleiros

das ras.Pasan rozando  por entre os maciñeiros
os roncós.E parexas de ledos paxariños
agrúchanse ,piando,na quentura dos niños,
entre o follaxe espeso das silvas e os loureiros.

Unha nena onde a fonte cun rapas parrafea.
Enchendo as corredoiras vén a avenza pra a casa.
-"Ei marelo pra diante"-un labrego que pasa.

Toca as Avemarías a  campana da aldea...
E no curral seus rezos marmullan dúas veciñas
e lámbense dúas vacas tocando as campaíñas.

IDILIO

Nos ramos do loureiro
cantaruxaba o  merlo namorisqueiro.
E no medio das silvas agachadiña,
cacarexaba a merla namoradiña.

O merlo atervou onde
súa noiva estaba.
-Moito cararexas,
-dille el.-I ela responde:
-Pra que me oias,anque non me vexas.


De: Codeseira