miércoles, 20 de enero de 2016

COCIÑA LOZANO, Olalla

Olalla Cociña (AELG)-2.jpg

https://es.wikipedia.org/wiki/Olalla_Coci%C3%B1a

 Enlace a su blog http://www.reveladora.blogspot.com.es/


Dun xesto seco
apagoulle o mirar
pechoulle os labios

mais non deixou ela que a cubrise por sempre a sombra
contraatacou coa noite posta enriba
coa risa fácil, tan útil ás veces
    -ves?lévanos vantaxe
     -por algo sabía tantos contos de memoria

De: Libro de Alicia









domingo, 17 de enero de 2016

MONTENEGRO SAAVEDRA, Amador

Ainda que a maior parte da súa vida está vinculada a cidade de  Vigo, nace en Santiago de Compostela e  criase en Lugo. Na nosa  cidade funda en outubro de 1889 , xunto con Manuel Pardo Becerra, a revista A Monteira,  na que participa con numerosos poemas. No ano 1932 morre en Lugo.

Amador Montenegro.jpg


https://gl.wikipedia.org/wiki/Amador_Montenegro


OS RATOS LEXISLADORES

En amañar pensando o mundo un día,
hastra trescentos ratos se reuniron
detrás de unha despensa, na que había
xamón e queixo, que eles pronto uliron.
O que logo pasou ben escusado
será que o diga: os ratos esquenceron
os motivos de habérense xuntado,
e o queixo e o xamón todos comeron.

¿Que estraño é que eso pase ôs ratos, cando
con outros que non o son está pasando?

A VELLA E A BOTELLA

Unha vella, moi vella, _xa tan vella
que no distrito naide a recordaba
nova, _como ouro en pano unha botella
de viño xeneroso conservaba.

Aló cando casara,
de vinte anos e sendo a mellor moza
de S. Pedro de Nós_¡contandoo goza!_
un parente e padriño lle donara
e anque a botella en tanto aprecio tiña,
que abril-a nunca quixo
a probal-a â velliña
moveuse ô fin cando os noventa fixo;
mais , ¡ou dolor! o tempo evaporando
o viño fora, e sólo pra mamórea
no fondo foi deixando
restos, que olían , como o viño , a grórea,
e a patroniña , en alto, a quén oíla 
quixo, falou estónceas, a botella
alzando: "como a min tamén é vella;
mais o esprito ainda ten, n-hai mais que ulila"

¡Ou rapaces, rapaces!, n-esquenzades
canto vos deixo dito;
que eses velliños, dos que vos burlades,
da mocidá que foi gardan o esprito,
e si asi , rapaciños, non pensades,
cando chegueis a vellos
¿Cómo os que  veñan pensarán , coidades,
si se miran en vós, como en espellos?


EL HOMBRE- BRUTO

Quiso mucho un jilguero a una jilguera
y fué correspondido,
se casaron allá por primavera, 
fabricaron un nido
y en él la jilguerita fué poniendo
seis huevos muy bonitos,
de los cuales saliendo
fueron, allá por Julio, jilgueritos.

Feliz fué la pareja,
y muy feliz sin duda que sería
si asomando la oreja
el hombre allí no apareciera un día,
que arrojando a los padres, implacable,
y llevando a los pobres pajaritos,
dejó la parejita inconsolable,
comiendo aquellos fritos.

El sol, la nieve, el agua , el viento
rindieron un tributo
al amor maternal en su elemento,
tan sólo el hombre lo negó ¡que bruto!


De: Fábulas Galaico-Castellanas