lunes, 17 de marzo de 2014

FERREIRO REAL, Cristina

                                                      



                                                   Enlace a su blog   : http://cristinha.blogspot.com.es/



  
FLASHBACK
I
durmo a medias
meto o dedo no café (*1)
suando motivos

as pombas
na miña man esquerda
reprodúcense.

II
este poema remata no inicio das túas mans
o desquilibrio escapado en ti

(o desequilibrio era unha pomba
e ti (*2) o desequilibrio
 granulado)

III
que este texto sexa unha cadeira dobregada (*3)
ou o poder bipartito
do bafo
das mans marcadas na mesa
ou o sensentido das carreteras
e esta
esta que sexa a hora de chopin
eterno(*4)interludio
dos camiños

que sexa isto dioivo
e que sexa no teu costado
para que te inclines
en papeis acartonados

pero o ceo non é nube
o ceo tiña dentro
clítoris descalzos(*5)
....extraviados
e un faiado.


.......................................................
*1: flashback I
*2 : flashback II
3*:   flashback III
4* :  flashback IV
*5:  flashbackV


(De: Desequilibras e caer)


DOROTHY TAMPOUCO ESTABA ALÍ: TEORÍA DA CASA

I

No fondo da escena  limpabamos a auga e furgabamos nas
caixas buscando peixes mortos,
cos ollos saídos en postura de agardar nada.A luz non era
suficiente.
Despois o frío de nove invernos entrou nos laboratorios e nas 
casas de contrabando,
con violacións de morada, violacións demoradas,
escenarios acantilados, soldados derretidos,
cabalos correndo cara Java,
area nos zapatos.

II

Poderíamos estar en suspensión.
Dentro da casa hai auga xeada e os seus habitantes teñen pés-patín.
Dentro da casa hai auga.
Fora da casa, isto.
A casa está en suspensión.


(De la obra colectiva: Sentimentalismo.Antoloxía de refrencia .Etapa de fundación)