lunes, 18 de marzo de 2019

RODRIGUEZ BAIXEIRAS, Javier




Nado en Tarragona   pasou a nenez  na vila de  Ribadeo .

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XavRodr%ED&alias=Xavier+Rodr%EDguez+Baixera

Rodríguez Baixeras


gardo un ceo covarde
e pasos sen motivo.

Por veces, un xardín.
Un amor.
Un portal embriagante.

Sucios aparadores onde alguén
vestía a madrugada.

Todas o mesmo mar.
(Incluso terra adentro, nas acedas
chairas deshabitadas,
había un mar colgado no horizonte,
un remoto frescor de marusía)

Frío abisal.

..............

PORTAL da infancia, sempre rebotando.
Co mesmo olor de chuvia remansada.
Sempre terá un mendigo,
unha leiteira branca.

Na penumbra
o mesmo pai golpea
desinflado balón que algún azar
puxo nos longos pés.
E o petador de ouro,
estrepitoso.E o grave portón
cada noite choído, aferrollado.

Para sempre


De: O pan da tarde