domingo, 16 de septiembre de 2012

VEREZ FUENTES, Engracia





FOLLA BRANCA

Día do vran ¡Que tristura
sinto no fondo da ialma!

Naide se lembra de min
esquencida n-esta fraga;
nin a ruxida do bris
abala as verdes ramallas,
nin rebulen os paxaros,
nin nos seixos peta a iauga
e ten de dormil-a musa
qu-outras veces m´acompaña...

Mete o sol por entr-as polas
coitelos de lume branca.
O craror cégame os ollos;
o lume abúrame a ialma

O DERRADEIRO
O meu pequeno Antón 
no seu casamento(14-8-72)

Criéi  a miña niñada:
oito bocas a chíar
pola bicada.

Foron voando, voando...;
oxe foise o derradeiro.
¡Ai,co meu niño valeiro!
Olléi pra él e tremando,
deixéi caila bicada
no carreiro.


De: "Seis escritores de Villalba :Escolma poética ".
Servicio Publicaciones Diputación Provincial.Lugo, 1986

No hay comentarios:

Publicar un comentario