jueves, 30 de abril de 2015

MATALOBOS, Manuel Celso




ELOXIO DA EXCELSITUDE

Enviemos
os nosos barcos
loitar feramente contra os elementos
ancorados
nas augas toldadas da vulgaridade.

Despreguemos velas
escorando rexamente
a singradura
dun ideal.

Procuremos
teimudamente
o noso particular belonciño de ouro
e
talvez
academos
o grial da excelencia.


CAÍDO EN BATALLA

Querida enemiga de corazón trémulo:

Sedúceme con verbas espidas
declinadas a xenitivo lúbrico.
Derrótame con arcabuces de paixón
en campos de batallas cubertos de papoulas.

Logo

embalsamáme
en marmelo de amor_
odos
e entérrame
ao compás de campás e
chirimías
doentes
no eclesial cadaleito do teu peito.


De: Elementos de Arquitectura Senti_Mental_ista




2 comentarios:

  1. Poesia profunda, con sentimiento.

    ResponderEliminar
  2. Gran profesor, poeta y gran musista también.

    Saludos

    ResponderEliminar