sábado, 16 de abril de 2016

GONZÁLEZ ALVAREZ, Montse


Resultado de imagen de Montse gonzalez alvarez

Montse nace en Lugo, como ela di " do barrio da Milagrosa", estudou Filoloxía en Santiago de Compostela. Chorimas Seriodias  é o seu primer poemario


http://radiolugo.info/chorimas-serodias/

ROSA E GRAAL

 Fomos comestos do diluvio do peito.
Fomos plica, rosa e Graal.
Reclusos dos terzos de axiomas incertos,
fomos.

Facemos presos nas vésperas
-de satén e de candeas-

Ficamos a desandar
-ás toas sen folgos-
e,coas costas á nordesía,
saldamos de novo
a alfándega e o pesar.

Mais, se novamente me vas amar,
vén de dogmas espido,
de censuras e leis.

Vén ceibe do antes e do onte,
sen cadeas de ingratos reproches,
sen ollos fitando de esguello...

Vén coas redes nos bicos,
cos bicos sollados.

Vén prendendo das mans unha nube.
Vén preso dos fieitos das beiras.



BRANCA LIÑA


Adoito reclinatorio,
pesadelos,
sombras,
diques de ficción.

De vagar,
van asentando os augurios,
un poñer o pé na branca
liña de cal.

Non sei se empurrar a aldraba,
crebar os gonzos,
e verter o que resta de min
-pingueiras de escuras cuncas-
no limiar do sosego.

De Chorimas Serodias





No hay comentarios:

Publicar un comentario