domingo, 18 de junio de 2017

NEIRA LÓPEZ , Xosé Manuel

   Nado en Meilán (Lugo), é irmán do escritor Xoán Neira López 

Vin hoxe aquel neno perdido
fronte a un mar tamén perdido,
coma un papel manuscrito.
Vin hoxe aquel neno perdido
e só lle quedaba na noite unha palabra, unha lámpada
a alumiar os signos que o retomo vento
deixou no xugo dos bois.
Un vento remoto na terra penedía
que xogou nos labios daquel neno perdido.

OS BLUES DAS ESTACIÓNS GRISES

I
...Ti marcharas
a ocupar o teu sítio na aldea transparente...
Xosé M. Ál varez Cáccamo

Regresarei a ti
porque noutrora as  túas bágoas eran un blues frío
nunha aldea do norte.
Estarei sempre
-ainda que o mundo é grande-
á sombra do estío nos teus ollos
naquel lugar perdido.
E irei en bicicleta baixo os olmos
para ver parti-los trens das estacións grises,
coma daquela.

II
Lugo sen ti un blues árido na noite

/Para ela/

De: O mar perdido


No hay comentarios:

Publicar un comentario