jueves, 29 de agosto de 2024

PARDO DE NEYRA, Xulio

 


https://gl.wikipedia.org/wiki/Xulio_Pardo_de_Neyra

 

Desennobelas as curvas 

para chegáresme a un volcán

cuxa lava quer penetrarte

mentres me cedes a pel

en saudades de crianza


Enrédaste nas silveiras,

enchóupaste de amoras tintas

do cáliz deste regreso


Volves.volves e resolves

regresas.Regresas e egresas

introduces.Introduces e traduces

fozas.Fozas e refozas


Eu -adivíñalo- son a terra

E aquí no medio sobrevivirás seguro


De: Uterus siue uolua

martes, 27 de agosto de 2024

PÉREZ DÍAZ , Lois

 




APENAS UNHA SOMBRA

Dilworth Park

o puro maniféstase natural
acontece sen máis
o puro no transo da vida
no descanso da morte
refulxe e desaparece
no seu intre de luz
sen a maior pretensión
busca ser 
a esencia do pleno
treme no seu fulgor
é revelación
foxe da palabra 
quere resplandecer 
non se deixa apreixar 
marcha afirma a súa condición

Philadelphia , 16:44h

MUIÑEIRA DO BRONX
(FRAGMENTO)

Lincoln Financial Field, á porta do concerto dos Rolling Stones

caín dando voltas á vía do tren
anotando pintadas que ninguén máis le
fun a Philadelphia en busca de luz
lendo a Ginsberg nun puto autobús......


De: Lugo Philadelphia