jueves, 5 de diciembre de 2024

MONDELO, Brenda

Brenda González Fernández, ( coñecida por Brenda Mondelo) nace no 1994  en Pedrafita do Cebreiro .Graduada en Xornalismo e Ciencia política,  publica o seu primeiro libro de poemas, O espello de Celia , no ano 2022

 


A CANDELA (Fragmento)

Recordas a maneira na que cantaba a cancela

do vento aquel verán?

como semellaba que dunha cereixeira ía nacer o abecedario

e nós buscabamos contar o tempo por areas

e con elas construír a materia do espello

calcado nesta palma que hoxe miro a contraluz

mentres xogo coas letras de azafrán esvaecidas así, 

no abano da razón que só entende a suma dos días, 

o lazo neboeiro dos defuntos e a orde da historia.


Lembras entón a escala sobre a que rubía 

a cancela do vento ese verán?

Como eu pendía dos barrotes de metal;

no meu maxín era pintura traída da lúa

e sobre eles quería agarrar as liñas celestes 

que conducían ao ceo a medio facer.......


De: O espello de Celia

No hay comentarios:

Publicar un comentario