martes, 11 de noviembre de 2025

CEREIJO ARIAS, Elvira

 Elvira nada  en Santaballa - Vilalba reside no concello de Begonte.  En poesía escribe or libros : No tempo da cinza (2019) Poemas da noite pecha (2019), Avelaíñas (2020) e en narrativa:Anaquiños de Begonte (2021) onde fai unha homenaxe a este concello e  Na leira da Ermitas (2024).



GRIS

Gris sobre gris infinito,

gris ateigado de sombras,

gris no teito do ceo,

gris no asfalto da alfombra.


Todo é gris no longo inverno

e son gris eterno os días

e as soidades son o inferno

no camiño desta vida.


UN DÍA CALQUERA

Esperta o día nas árbores espidas

pudorosas ós seus primeiros raios

non se inmutan, aguantan impasibles

que  o sol as mire con ollos namorados.


Pousará a ollada morna  polos prados

onde a xiada apousa cristalina

derretendo nun lóstrego dourado

cristais de prata e perlas finas.


O día nace con acompañamento

hai un coro espreguizando a gorzxa

paxaros que espertan nese intre

chamando polo sol con toda a forza.


Un día calquera outro máis

que agroma no camiño desta vida

unha folla da árbore que cae

unha páxina nova non  escrita.


De: Poemas da noite pecha 

miércoles, 24 de septiembre de 2025

VÁZQUEZ RÁBADE, Pedro

Nado en Begonte en 1908, estudiou música en Madrid. Emigra a Cuba onde exerce de xornalista e escritor en publicacións galegas e cubanas.Co triunfo da Revolución de 1959 foi responsable de institucions de tipo cultural en Camagüey. En 1937 apareceu o seu poemario Invisibres com’o vento(con poemas en galego e en castelán)  Posteriormente publicou os poemarios Así va la vida (1940), Un mundo nuevo (1944) e Ahora es la hora, nos anos sesenta. Finou en México no ano 1975.

NO MEU CORPO FIXO NIÑO

(A o músico D. Conrado Campo,profesor do Consevatorio Nacional)

 Quero ver craro , e non veso;

choro, non sei por que choro;

levo uha sombra negra

siempre diante dos meus ollos.


Non me deixa esa sombra;

esa sombra detristeza;

adonde queira que vaia,

non me deixa, non me deixa.

 

Camiña sempr´a meu lado;

é a miña compañeira;

anda facéndome moecas,

negra sombra, sombra negra.

 

¡Vaite , vaite negra sombra;

 sombra de negros espeutros;

 sombra que te levo dentro,

 dentro dos meus pensamentos!

 Pero non podo votal-a;

no meu corpo fixo niño,

esa sombra de tristeza,

é a sombra de mín mismo.

 

VIDA TOLA...

 Vida tola,vida tola,

cal huracán furecido;

 deixa vivir os que penan

 non lles quites o respiro;

Non agrandes as feridas;

a quen está malferido.


De:  Antoloxía dos poetas galegos en Cuba

Autor: Xosé Lois García


viernes, 17 de enero de 2025

LOPEZ ALONSO, Luis


Nado en Sarria (1.977) é farmacéutico, lingüista e escritor galego.Tamén é membro fundador do grupo poético lucense Lupercais.



Imagen: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lu%C3%ADs_L%C3%B3pez_Alonso


 Hai lar  nesta brisa arousá

 que erosiona os timbres da nenez

 gravita o centro do mundo arredor do teu

 centro

 afondado astro raizame fusca

 xunto ao sol materno un pranto novo

 igual que a ría que placenta.



De:  Salífero

lunes, 13 de enero de 2025

NEIRA ROCA, Nieves

Nada en Lugo (1.983) é xornalista e poeta galega.Publica desde hai anos textos en distintos medios.Colaborou con Carla Andrade , con Sabela Mendoza ,  Luis López Alonso e coas integrantes da asociación luguesa de artes escénicas 3monos. O seu primeiro poemario  Neve de agosto publicase no ano 2022.


Imagen: https://gl.wikipedia.org/wiki/Nieves_Neira


CEN ANOS máis tarde,

Al-Mutamid fixo cubrir as ladeiras

de flores brancas

para a muller que nunca vira nevar,

Itimad.


Pero,

como dobrarían elas o espello?

que dirían dos cedros talados?

Do mármore amarelo, do xade do Punjab?


Foi ao revés, e Yzabel deixou caer rosas da saia

na que agochaba o pan para repartir

da mirada do rei poeta,Dom Dinis.

-Säo rosas Senhor!

 -Rosas, em Janeiro?


E eu 

son a amante.


De: Neve de agosto