Elvira nada en Santaballa - Vilalba reside no concello de Begonte. Autora dos libros de poesía : No tempo da cinza (2019) Poemas da noite pecha (2019), Avelaíñas (2020) . Escribe en narrativa:Anaquiños de Begonte (2021) onde fai unha homenaxe a este concello e Na leira da Ermitas (2024).
GRIS
Gris sobre gris infinito,
gris ateigado de sombras,
gris no teito do ceo,
gris no asfalto da alfombra.
Todo é gris no longo inverno
e son gris eterno os días
e as soidades son o inferno
no camiño desta vida.
UN DÍA CALQUERA
Esperta o día nas árbores espidas
pudorosas ós seus primeiros raios
non se inmutan, aguantan impasibles
que o sol as mire con ollos namorados.
Pousará a ollada morna polos prados
onde a xiada apousa cristalina
derretendo nun lóstrego dourado
cristais de prata e perlas finas.
O día nace con acompañamento
hai un coro espreguizando a gorzxa
paxaros que espertan nese intre
chamando polo sol con toda a forza.
Un día calquera outro máis
que agroma no camiño desta vida
unha folla da árbore que cae
unha páxina nova non escrita.
De: Poemas da noite pecha
No hay comentarios:
Publicar un comentario