martes, 22 de septiembre de 2015

CILLERO RAMUDO, Antonio

Nado en Vilalba en 1895.Con catorce anos emigra a Cuba onde o seu irmán Ramón leva algúns anos traballando no "Diario de la  Marina" . Relacionase coa colonia de galegos emigrados e publica algún poema en revistas galegas da Habana. En  1925 , de volta á Terra, establécese na Coruña .Ao longo destes últimos anos foi xurdindo na intimidade a sua obra poética, que agás algunha composta en Cuba ficou inédita.
En 1979  pudo ser coñecida e apreciada.


ANTE UN CUADRO DE DANIEL SABATER


Cayó inerte la diosa de su asiento,
al soplo de la muerte derribada,
como cae la rosa perfumada,
marchitas sus hojas por el viento.

Ya no exhala el perfume de su aliento,
ya en su mente cesaron las quimeras,
y en torno de ella como horribles fieras,
gozan los brujos su mortal tormento.

Con adusta y satánica alegría,
en sus rostros gravada la ironía
a través de esos mundos exteriores.
Llevan los brujos como por encanto,
sobre la alfombra del nevado manto
la bella inmóvil que murió de amores.

LA VIDA

¿Qué es la vida?.Un gran mesón,
de porvenir muy escaso,
en esta triste pensión,
todas son aves de paso.

Viajeros que al llegar,
como jamás traen nada,
nunca les puede quedar
ninguna cosa olvidada.

Unos vienen y otros van
sin saber a qué, ni a dónde,
tanta lucha, tanto afán.
¿Para qué? .Nadie responde.

Bien decía Amado Nervo:
"todo es misterio y arcano
vivir un destino acervo
y morir como un gusano".

Si alguno deja una huella
de su paso , en el crisol,
tiene que ser una estrella
de tanta luz como el Sol.

FOI ONTE

Foi onte, coma quen di,
non fixen máis que chegar,
e sin saber a que vin,
xa me estou vendo marchar.

Cando pensei que empezaba,
pobre iluso, non creín,
que todo canto soñaba,
estaba cerca do fin.

Despois de tanta algarada,
marchareime coma vin,
calarei, non direi nada
de todo canto aquí vin.

Mais por eso non me queixo,
si non ganei , non perdín.
Nada troixen, algo deixo,
e o que deixo de sufrir.


De: Obra poética de Antonio Cillero

sábado, 5 de septiembre de 2015

NÚÑEZ BLÁZQUEZ, José Manuel







FALABAN

Falaban elas
Razóns habería que lles impedía voltar

Falaban eles
Outras inquedanzas lles farían ficar

Falaban todos
Murmurios sostidos no mar

Escoitaba o canto das lavercas regresando ao meu niño
e toleaba cos berros das gaivotas

Voltaban ao meu maxín
eles
elas
Todos falaban


SENTIMENTO

Son creador de atmosferas
e ilusionista de efectos
Vou abrir o mundo en dúas metades
para encher de luz e sombra a quen o precise
Estou neste espazo de paso
para bicar a pedra
e acariñar os teus beizos que abren as postas á palabra.


De: Poemasdebarrasesilencios



jueves, 30 de julio de 2015

BLANCO GARCÍA, Carmen








CRIATURAS DE LILITH

Queridas criaturas de Lilith
Lilith amada da liberdade
Aire e noite do mundo
Lil Lili Lilu
Lail Laila Lamia
Con vós estamos no Mar Vermello
sabias e sabios
serpes e esquíos

PENÉLOPE

Pensa en que pensa Penélope Pensadora
e tensa o tear como o navío
Vai abandonar a casa de altos teitos
e a patria terra Ítaca
para realizar unha longa viaxe
 con Ulises
Quere coñecer o mar e a terra
sen outro teito que o ceo
como coñece a casa
e Ítaca
Prosegue na súa incansable teima
de vivir

A DO FALO NA BOCA

O círculo do caos crea o cosmos
O ovo universo
Uroboros
A serpe que morde a cola
A circunferencia do principio
sen principio nin fin
O círculo concéntrico
ininterrompido
O 69
A do falo na boca
O da Boca na Vulva
Eros cósmico




De: Un mundo de mulleres

miércoles, 15 de julio de 2015

VALCÁRCEL LÓPEZ, Xesús Manuel


Xesús Manuel Valcárcel


Nacemos envoltos en leite 
de nai, con olor a sangue de muller,
a terra abrazada os nosos pes
e o voo dos paxaros ilumina  a
 nosa alma, o sol agasalla os 
nosos ollos e as estrelas da 
noite perfuman os nosos soños.

Somos auga, alento e forza
do vento,calor do lume, dos
camiños lama,espíritos dos
bosques, dos ríos e dos lagos,
somos árbores, arroios, fontes,
flores e fentos dos montes.

Somos auga, choiva,líquido
amniótico, carqueixas, luz 
e corpos celestes que se
 manteñen dentro da natureza..

Abrimos os ollos e estamos en 
contacto coa auga, que impregna 
todas as células do cosmos, río 
que flúe.A luz das estrelas
brilla a través de nós, estendemos
as mans e brillan as estrellas.

REVELACIÓN SENT

O SENT coñece o teu corazón.

Sabe o que pensas e o que fas,
a boa fe e a mala fe, coñece
os teus pensamentos e intencións!

Os que negan  a existencia do
SENT forman porte do SENT,
non hai nada fóra do SENT.

Os que se rebelan contra o
SENT escollen un camiño SENT.

Os que non veñen ao SENT non
van a ningures, arrástranse polas
sombras mentres non espertan.

Non te podes esconder do SENT,
non cabe odialo nin amalo,está
á marxe dos afectos humanos.


De : Casa do poder


jueves, 30 de abril de 2015

MATALOBOS, Manuel Celso




ELOXIO DA EXCELSITUDE

Enviemos
os nosos barcos
loitar feramente contra os elementos
ancorados
nas augas toldadas da vulgaridade.

Despreguemos velas
escorando rexamente
a singradura
dun ideal.

Procuremos
teimudamente
o noso particular belonciño de ouro
e
talvez
academos
o grial da excelencia.


CAÍDO EN BATALLA

Querida enemiga de corazón trémulo:

Sedúceme con verbas espidas
declinadas a xenitivo lúbrico.
Derrótame con arcabuces de paixón
en campos de batallas cubertos de papoulas.

Logo

embalsamáme
en marmelo de amor_
odos
e entérrame
ao compás de campás e
chirimías
doentes
no eclesial cadaleito do teu peito.


De: Elementos de Arquitectura Senti_Mental_ista




jueves, 29 de enero de 2015

CILLERO RODRIGUEZ, Marina






AUSENCIA

Me duele el corazón , ¡amor! de amarte
ansiando la luz de tu existencia
aspirando la esencia de tu esencia
y añorándote , ¡amor! al evocarte

Me duele el corazón y al no tenerte
la sangre, como hielo, se adormece;
el pulso, moribundo, languidece
y se ciegan los ojos al no verte

Me duele el corazón al ver mi lecho
con la huella aún caliente de tu vida
que se llevó tanto amor con tu partida

Me duele el corazón y aquí, en mi pecho,
arde el ansia voraz de tu presencia
y muero sin tu amor, ¡amor! de ausencia.

SON DE GAITA

Alumean os cantos nos meus beizos
e ceibo o meu alento, agarimoso
o seu seo , se enche, presuroso 
de soños, de ledicias, de desexos.

Como o  pai que deixou a súa semente
nunha tan xugosa terra preparada
sementei desta alma namorada
o mellor do mellor da miña mente

Meus sospiros seu fol foron enchendo
e devolvemos feitos armonías
de tristuras, de esperas, de alegrías.

E cando o sol e o día van morrendo
soa a gaita galega en que se encerra
a alma e o sentir da miña terra.
 

De: Poemas de amor y fantasía