jueves, 22 de marzo de 2012

CUNQUEIRO MORA , Álvaro

 


                                                                 


                                                                                                
https://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81lvaro_Cunqueiro

DÍXENLLE Á RULA

 

Díxenlle á rula: Pase miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito,
na man esquerda a calabaciña da auga,
ollando a rula irse, comentóu:
-Calquera día sin decatarte do que fas
dices: Pase miña señora!
e é a alma tua a quen despides como un ave
nunha mañán de primavera
ou nun serán de outono.

 

(De: Herba de aquí ou acolá)

 

NO NIÑO NOVO DO VENTO

 

No niño novo do vento

hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!

  


POLOS TEUS OLLOS QUEN PASOU, AMIGA

 

Polos teus ollos quen pasóu, amiga,

deixóu unha ollada de amore perdida.

Nos ollos teus.

 Deixóu de amore perdida unha ollada

polos teus ollos quen pasóu, amada.

Nos ollos teus.

 Cinza levás nos ollos, amiga,

       daquela ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.

 Borrallo nos ollos levás, amada,

 que non miraches a quen te ollaba.

Nos ollos teus.

  

De: Cántiga nova que se chama riveira

 

jueves, 16 de febrero de 2012

VILLAR JANEIRO, Helena








AS TÚAS  MANS FIXÉRONME XARDÍN

As túas mans fixéronme xardín,
xardín que se cubriu de buganvilias,
de xorros mornos,
de cantos e olores
tal como aconteceu no paraíso.

O bo xardín amante, sempre oculto e semisilencioso
quere ser para ti camelia e mirto
e ofrecerche benvidas de colores
danzando as percusións das carricantas,
dos grilos
e das ras.

Mentas me cobren
as pingotas de mel que deita a tarde
no violín do vento
agardo a que se espallen os perfumes
 que trae a noite
o termo do farol para que o apague a brisa
que como en beixo envían as montañas.

E vístese o xardín de estrelas e de lúa,
os peixes colorados bulíganme no ventre
e as ás das bolboretas en vértixe
búscanme os seos.

Cando te vas
adormece o xardín como un infante
amamantado polas lilas húmidas
e apousado na miña desnudez.

E canta paseniño
aniñando na rosa do meu corpo
o paxaro da alba.


E COMO CERVA NOVA SOÑO COAS ALBAS


A noite é longa e eu
apéome do soño pola escada de olores
que queda sobre o sono,
polos ecos do blues que tremece  nas blondas
brancas da lencería.

A chuvia que escribiu o seu adeus azul sobre o tellado
deixou tamén no aire
o fresco agurgullar das augas todas
entre todas as frondas.

A noite é longa e eu
báixome dos brincos da miña infancia
e como cerva nova soño menceres
na fonte onde lavaban camisas as belidas.

A noite é longa e eu
cruzo como amazona as primaveras
e coas papoulas e os trigais ondúlome
ás cóxegas do vento.

A noite é longa e eu
retorno á amante sombra da túa árbore
de novo sacra e ergueita cal ciprese.

¿Soubo Beethoven
que eu podía vivir cabo de ti
aquél mencer de trigo e paspallás
do seu Der "Wachtelschlang"
na veciñanza da alba?


De : Festa do corpo


sábado, 26 de noviembre de 2011

POZO GARZA, Luz

"El espejo del agua me rueda por los ojos.Mis manos sumergidas son dos peces morenos"
Así escribe  Luz Pozo Garza , nacida en Ribadeo en 1.922

Luz Pozo Garza


O PAXARO NA BOCA

Os teus paxaros choven miudiño
sobre das miñas arbres e tamén
sobre destes meus beizos que che cantan.
Eu fago conta de que son de terra
ou son unha silveira no teu coloa
na túa beira de aire e peixes louros
Recibindo o sabor da túa paisaxe:
húmedas aves novas do teu peito.
Aquí estou meu amor, aquí me choves


UN CUNCO AGORA

Vin de queimar madeira tal vez noites
nos arrabaldos murchos.Bate o vento
na pechada fiestra.

Extinguíanse as mans os cabelos a nuca
por onde esvaran os conxuros

Fiquei no limbo da tristura
non sei cal era a cor do ceo.
Sobor da cinza morna
enformei a fogaza da miña soidade

Auga da fonte chora.
Se atopo un cunco agora
enchereino de bágoas.

lunes, 26 de septiembre de 2011

LÓPEZ MARTINEZ Juan José (Lomarti)

 Artista multidisciplinar nado en Lugo (1.957) escribe  un libro de poesía: Coroas de mercurio



http://www.galeriaansoar.es/lomarti-2/

Páxina do autor: http://www.lomarti.es/



Despois de todo ser humano,

hay unha urna transparente

que recolle os pecados;

eles veñen sós co vento...

.......


NA ILLA

E se voltas a esta illa,

inocente pecador

non te preocupen as oracións

trae flores soamente

para poñer baixo o Sol


De: coroas de mercurio

viernes, 23 de septiembre de 2011

COUCEIRO, Emma


Emma crea una voz y un personaje poético para cada poema, y todos los poemas tienen un destinatario.
 Porque esta vez todos se irán contigo en cada verso
(Todos se irán contigo)Emma Couceiro



 (SEXTA)-MENTIROSA  

No seu afán de protesta foi máis alá do limite, crendo ter o dereito e a forza para vivir segundo as súas propias leis. Así foi como se acostumou, por exemplo, a considerar o emprego da verdade como un dereito persoal sobre o que podía decidir valéndose do seu propio criterio. Por aquel entón puxéronlle a etiqueta de mentirosa"
Margarete Buber-Neuman (1977)

Por aquel entón
escurecía a terra dos ollos para agravar os feitos
como se esta fose unha enfermidade contaxiosa.
Hai segredos que se parecen demasiado a min, asenten
canda min
e pasan por alto anacos da trama,
verdades inútiles que non xustifican (despois de todo)
a estratexia que elixín para contar esta historia.
Hai segredos insobornables, son a liña que separa a circunstancia
e a vida.
Asi pois (cito):
          agora pensa que se podes desafiar a miña memoria,         
          (esta que teme por min,
          que nunca esgota as apariencias
          afeita a improvisar os espacios os tempos,
          a versión máis amable
          a indulxente)
Que non sei cal é a realidade que non vexo,
é real a perda
e así mesmo a certeza
de que en nós
vive algo que non conseguiu escapar.



martes, 17 de mayo de 2011

PEREIRO SÁNCHEZ , Lois

Este ano o día das  Letras Galegas adicase ao poeta monfortino ,  o Bukowski da poesía galega.


 Lois Pereiro.jpg
https://es.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro

"Vou ser como Manuel Antonio, publicarei un lbro e morrerei novo" adiantoulle un día a Piedad  R. Cabo, a su moza.Non se equivocou , morreu con so 38 anos.



O CORREDOR DE FONDO PERDE O ALENTO

 
Fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
a morte anticipouse e chegou antes.


CURIOSIDADE

Saber que está un á morte
e o corpo é unha paisaxe de batalla:
unha carnicería no cerebro.
¿Permitirías ti, amor deserto,
que nesta febre penitente abrise
a derradeira porta e a  pechase
detrás miña ,sonámbulo e impasible ,
ou porías o pé
entre ela e o destino?

De: Poesía última de amor e enfermidade