NESTA HORA
¡Se eu puidera chegar a eso!
Rilke
Nesta hora das once dunha noite de vrao,
aganchado á unha galla dun álbore de aire,
nas fragas do serán... Cereixas, coma labios,
lisas, aconchegadas na frescura das follas.
¡Ai, a parra que sube a un istante doado!
Se non fora por ese roxo anuncio de tellas
borraríamos todo-los rueiros da vila
e sería-nas prazas coma veigas vizosas
con altos amieiros e comareiros verdes.
¡Ai, quén puidera enchere este istante tan calmo
de palabras baixiñas coma recimos mouros,
esgazados da viña velliña que no acorda!
¡Quén puidera arrincare a mazá desta noite
e i-la moulando coma un agre repinaldo,
e sentir logo as maus e os recantos da boca
recendentes e húmedos dun zume de silencio!

EU QUERO OIR TEU SILENCIO
Coma na herba noviña ou na frol da iauga
eu quero oir o teu silencio, nena.
Un silencio todo estrelado de sorrisas,
no que os teus ollos señan dous barquiños ancrados.
Eu , solo, o mariñeiro.
Unha fonda alegría nas velas brancas, dondas,
-palabras que ainda gardan o aquel da flor do liño-
agardando a mañá
en que deixe os meus portos e ceguiño me embarque
capitán dos teus ollos veleiros
De: Cómaros verdes
No hay comentarios:
Publicar un comentario