LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO
nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto
na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando.
Vélante os xóvenes
i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo.
Cando vexo un neno penso en ti
e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre.
Todo bruído sin nome é un agoiro.
Madrid / O Courel
1962- 1964
Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí síntese ben o puco que é un home...Os Eidos 1952.
No hay comentarios:
Publicar un comentario