DA LUZ INICIAL
Non sempre a claridade vén de antiga
celebrada en corpo por este astral escuro
tan denso laberíntico obsceno
e magma,
ou tan de cintura inocente
para o olvido.
Foi como de abrir un sulco no aire,
un horizonte sempre a mirar con ese incendio
en ollos sen cómaro de tempo nin fronteira.
Foi como reter a inocencia aínda cando adiviñan a paisaxe
os cervos curvados polos altos,
unha tarde recende de xanelas abertas,
e as palabras dicinco corazón de primavera,
e o soño máis soñado,
e o tacto intenso da beleza
polo amplo confin dos teus espacios.
RETRATO PREFERENTE
Dun crepúsculo admirable nace a revelación,
e a certeza
dun presaxio de calmas xa perdidas,
e o inmenso rostro, os ollos
de tanta máscara e tanta sombra ser do fío de Ariadna
cando non houbo labirinto, senón un mar de resplandores,
un mar de resplandores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario