Nace en Cervo-Lugo, profesor de Galego.Na década dos noventa exerce como asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra. Ten publicados numerosos artigos e estudos : Expresión e ditos populares da área mindoniense (1.992), Oficios perdidos: léxico dos ferreiros (1.995), Festas de Galicia (1.996), O concello nas aulas (1.999) Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2.000).
En 1.999 publica o poemario "Cantaruxos do meu mar e outras cantigas" .Os poemas que recollemos no blog pertencen ao seu poemario "De ti perdidamente ".
Quero durmir no teu colo
que me acoches co mantelo,
que me faigas as ciligras
con rulos do teu cabelo.
Que os teus xeonllos me arrolen
nun run-run maino e lixeiro,
e cando estea durmido
me despertes cos teus beizos.
***
Xa non quero estar sin ti,
porque a vida sen ti vaise,
porque o día faise noite,
porque a xente faise naide,
porque o ceo faise inferno,
porque a min queimame o aire.
onde se poden mercar os libros de poemas de paco rivas
ResponderEliminarPuede que los tengan en casadellibro.com en internet , mira también si los puedes adquirir en Lugo o Santiago de segunda mano.
ResponderEliminarSaludos
En Santiago en Follasnovas merqueinos eu
ResponderEliminarAgradecida coa colaboración de Anónimo
EliminarQué bonitos versos y suenan tan bien en gallego...
EliminarBoas tardes. Non entendo a palabra "ciliga". Alguén ma pode definir.
ResponderEliminarGracias
LUIS
Ciligras , tamén chamadas cóxegas (en galego) son " cosquillas".
EliminarBo día
Qué bonitos versos y suenan tan bien en gallego...
ResponderEliminarCerto Rocío.
ResponderEliminarGrazas pola achega.