“Escribo porque teño un sapo seco no corazón , e unha flor morada cravada no ollo”.
MASTIGO INZOS DO TEU TEMPO, relouco roio e tripo a túa luz até ser imaxe de ti: estrela parideira, teimna oceánica das artérias, certeza da vida entre os metais fundidos.
Ouh pai, abre o teu corazón aos insectos que anegan as miñas pálpebras! Arrinca o vento que queda nas paredes! Soña en vixilia os berros que veñen do silencio.
ASÍ É A PERDA DA INOCENCIA : inútil coma o canto dun galo de pedra.
O PESCADOR
Amo os peixes.Amo a súa fermosa danza, a súa sintaxe prateada e torpe nas redes , mirando cara o sol. Son como áxiles gatos de cinza, rabuñando a claridade doutro mundo.
De: Fedor
No hay comentarios:
Publicar un comentario