INDECISIÓN
Entrabas, furor en man,
reclamar esa condición de estar.
(Sófrete quen vai contigo)
Vas poñer
as pedras sobre as pedras e sobre as pedras
un nome amado:
Sófrete quen vai contigo,
e vénse,
a modo,
abaixo a túa idea da loucura.
.....
III .MONÓLOGO ADICTO
Xa non teño fala.
Despois de recorta-los verbos quedei sen lingua
á que atender.
A nosa inmensidade remata un centímetro á redonda.
Non fales comigo,
deixei á posta o código
nas escaleiras da entrada ás casas.
Recortei, coma quen non o quere, os ámbitos.
Case me perdo,meu, entre os paseantes.
Así que , recortei os ámbitos.
Agora teño o idioma inclinado nas entrañas.
E perdín para botalo fóra todo interese.
¿Que mais me ten que a min me entendas?
De: Tigres coma cabalos
No hay comentarios:
Publicar un comentario