viernes, 8 de septiembre de 2017

GONZÁLEZ VIGO, Marcial

Nado na Estrada , desempeña a profesión de radiofonista en Lugo



http://galegos.galiciadigital.com/es/marcial-jose-gonzalez-vigo


PARA NO VERDE DURMIR


Quero durmir ben durmido,
anestesiado profundo,
nesa cor verdeada
fronteiro por outro mundo.

Nesa cor verdesía,
quero durmir ben durmido,
no val do mirar amigo
cos teus fondais durmindo.

Que nesa mirada están
matices de primavera,
doce e millor anestesia;
barco de corenta velas.

Musca nai,¡que ben cantou!,
nanas de belido verde.
Dous nenos durmiron sonos
tenros de verde no berce.

Por durmir así durmindo,
estou posible a pedir
unha nova cirurxía
para no verde durmir.

CANTIGA TRISTE

O cantar da Fonte Arcada
soa con moita tristeza,
pola cidade queimada.

Soa a canto de pesar
na noite da carballeira,
por vidas asasinadas.

A pena na Fonte Arcada
fixo que tremera auga,
nos canos da Fonte clara.

No Camiño da Arcada
olor a morte de sables,
á pólvora disparada.

De: Cantigas da Fonte Arcada


No hay comentarios:

Publicar un comentario