miércoles, 23 de octubre de 2013

POUSA RODRIGUEZ, Luis



luis_editado





15
ANOITECE o corpo e a súa sombra de lodo.
Acacias baixo a xistra de cobre.
O portalón verde, o cruceiro, os farois,
as cadeas, o relevo gótico, o banco de granito,
os cativos que berran dende as claraboias,
praza das Bárbaras.
San Carlos, os vidros ábrense á cidade iluminada,
resplandecente sobre os peiraos
e sobre o ouveo histérico da industria.
A escura luminosa do día na Coruña.


57

A esta hora acesa
avanzas polas sendas da memoria recobrada,
vadeas o curso do esquecemento
para inventar de novo os nomes gozosos das cousas,
gaiolas de cristal que tallas e lambes.
Neste instante de pedra líquida,
percorres a xeometría e o perfume
dunha paisaxe que xa non existe.
Descendo ao arquipélago
de materia e  luz da túa pel constelada,
á luz que bebe a miña boca no teu sexo.

De: O embigo do mar





domingo, 13 de octubre de 2013

CABARCOS SUÁREZ, Celestino


O BASTÓN DO ALCALDE

Aló nas terras de Arzúa,
no distrito da Cañiza,
hai un alcalde pavero
cal non hai outro en Galicia.

Xa lles contara este conto
nunha revista arxentina
ós nosos irmaos galegos
pra lles saca-la morriña.

Empezaba así o conto
que eu lles contei aquel día:

Éralle grande o bastón
ó alcalde da Cañiza.

O bastón éralle grande...;
(hai moito deso en Galicia)
e chamou un carpinteiro
e díxolle: Abanista
fágolle saber a ustede
que antes de te-la vista
do deputado, que ha de vir
neste mes de aquí , á Cañiza,
ten que arreglarme o bastón,
que me é algo grande por riba.

-Descuide señor alcalde,
que o poñerei á medida...

O carpinteiro espuntou
o pao aquel enseguida,
e levoullo ó alcalde
antes de que houbera a visita.

Mais este armou as do demo,
con virlle todo á medida.

-!So , bruto,que aquí fixeche!
¿Estabas xordo aquel día?

-Señor alcalde serénese;
¿Ou non lle vén á medida?

-!Que medida nin que raio!
!!Vaia un burro de ebanista,
que lle vai quitar por baixo
séndome grande por riba!!

VALLE DE ORO ( O Valadouro)

Le rodean montaña elevadas
con sus faldas cubiertas de verdura,
que, ondulantes, custodian la llanura
con sus prados y vegas dilatadas.

Hay remansos de paz en las cañadas
y conciertos de amor en la espesura,
y serpean regatos de agua pura,
desgranando sus célicas tonadas.

Pomaradas de ubérrimos frutales
muestra al sol en la hermosa primavera
y en verano, oropuro en los trigales.

¡Oh! mi tierra, ¡oh! país a quien adoro;
si mi vida acaba de ti fuera......,
moriré suspirando: ¡¡Valle de Oro!

De:  Cóxegas



viernes, 11 de octubre de 2013

CRECENTE VEGA, Xosé



Nace na parroquia de Santa María de Outeiro,concello de Castro de Rei o día 3 de xuño de 1986.Fillo de labregos ,ingresa no seminario de Mondoñedo e coincide ali con Trapero Pardo.Licenciase en Filosofía e Letras polas Universidades de Santiago e Salamanca.
En 1938 vai destinado ó Instituto de Ciudad Real .En 1940 pasa ó Instituto Ramiro de Maetzu  de Madrid.En agosto de 1941  foi nomeado  por oposición catedrático de latín no Instituto de Antequera.Un ano mais tarde é trasladado ao instituto de Segovia do que é nomeado director.Nesta cidade terá lugar o seu pasamento o 21 de marzo de 1948
Publica un so libro :Codeseira


ANOITECER

Vai o sol na furada.Os sapos pirguiceiros,
cansados baixo  as pedras de estar acochadiños,
salen tocar a frauta ás beiras dos camiños,
e escoitase nas regas os "grau-grau" barulleiros

das ras.Pasan rozando  por entre os maciñeiros
os roncós.E parexas de ledos paxariños
agrúchanse ,piando,na quentura dos niños,
entre o follaxe espeso das silvas e os loureiros.

Unha nena onde a fonte cun rapas parrafea.
Enchendo as corredoiras vén a avenza pra a casa.
-"Ei marelo pra diante"-un labrego que pasa.

Toca as Avemarías a  campana da aldea...
E no curral seus rezos marmullan dúas veciñas
e lámbense dúas vacas tocando as campaíñas.

IDILIO

Nos ramos do loureiro
cantaruxaba o  merlo namorisqueiro.
E no medio das silvas agachadiña,
cacarexaba a merla namoradiña.

O merlo atervou onde
súa noiva estaba.
-Moito cararexas,
-dille el.-I ela responde:
-Pra que me oias,anque non me vexas.


De: Codeseira




viernes, 20 de septiembre de 2013

CAMPO, Marica






7


O mundo era unha praia e ti volvías
de percorrer a nado o firmamento:
ecos doutras galaxias coma un vento
constelado de voces, profecías,

Palabras como raios me traías,
velocidade en luz de tempo lento,
talismáns como estelas de contento,
siderais aves blancas, cotovías,

cabelos de cometa alporizados,
sons de luceiros, sons extraviados,
cósmico po, astral orballo aceso,

xasmíns de sol, planetas isolados,
extraños alieníxenas varados
do fondo do teu ser !ai,  tanto peso!

33

Adeus , amor, pedinche luz prestada
para facer a cor destes poemas,
luz de sol feble e non de estrataxemas
para entrares ti enteiro na labarada.

Quería un ton menor, a voz coutada,
outras xeografías e outros temas ,
mais asolagadas sempre cos teus lemas
e non deixas espacio para nada.

Adeus, amor, tal vez veña a buscarte
cando murchen as lilas e haxa lúa
para cubrirche o rostro co meu veo.

Foi ao revés agora a miña arte:
falei de min, mais sempre a conta túa
fixen en ti comigo o meu careo.

De : Pedinche luz prestada

sábado, 11 de mayo de 2013

GARCÍA MATO, José Luis


UN VASO AZUL

Un vaso azul
sobre la mesa.
Un vaso azul,
un vaso,
un vaso…
Un vaso color celos.

Un vaso nada más,
un casi nada.

Nadie sabe que está
lleno de un mar,
del mar de tu recuerdo.

Y en ese mar,
hundiéndose ,
mi barco,
para siempre jamás.


 De: Verbas pra unha rapaza 

CANTIGA ANTERGA


Se mía señor non for trobada
per bon segrer e ben louvada
!Ficarei per troveiro!

Se miña dona non tiver xogar
Nen bom segrer  quixer loubar
!Ficarei per troveiro!

E cantarlle ei a miña señor
cantigas vellas de on amor
!Ficarei per troveiro!

Cantigas vellas de amigo e de amado
vellas tencons de segrer namorado
!Ficarei per troveiro!

sábado, 20 de abril de 2013

QUINTIÁ PÉREZ, Xerardo


Quintiá Pérez, Xerardo


POEMA DO FILLO

Hai unha relación evidente.
Un poder substantivo que nos convoca.

Contemplar o fillo debaixo da sombra
do vello castiro, aí, onde está
coa súa Les Paul Custom AWH
emulando o comportamento dos Monos  Árticos.

Con ese espírito,
O SEU, caéndolle por diante dos ollos--



MEMORIA EPISÓDICA

A imaxe do Citroen Dyann 6
con letras laranxas imprentadas
no cristal do portón traseiro onde dicía

PARA GENTE ENCANTADORA

é unha manifestación mais
da melancolia como factor ou vínculo.

algo que determina
a producción LITERARIA do AGORA

Isto e  mais outro
o que se escribe
e mais o que non garda relación algunha
co que se escribe

Estar alí, no pendello da Casa da Ferreira,
e darlle á panca do intermitente
para escoitar o preciso tic-tac que emitía.

Acedendo pola noite
e alterar as luces longas coas curtas.

Escoitar o propio folgo no seu interior
e remexer a guanteira onde sempre había
restos de Optalidón  e papeis que falaban
das características técnicas do vehículo.

Un sistema que se organiza   a sí  mesmo
onde todo se regula sen necesidade
de plantexamentos- unha liberdade

Entrar, falar da família, criticar.
E viaxar cara a un  día de festa
na casa da tía Virtudes;
aló, no Pacio, despois do cruce da Mámoa.
Ir dentro.
Co cheiro intenso a Varon Dandy
e coa luz que caía de cheo
sobre os ollos que se pechaban.
Que se pechaban!
Que se pechaban!

Así, unha combinación de imaxes
como resultado do control exercido
-unha e outra vez teimadamente-
sobre um espazo de sensacións abertas
que conforman isto que se chama
Memória Episódica
onde se representan vivencias e acontecementos
que funcionan como epifanías ou, se a caso, liberacións
cognitivas dunha información que fica aí, organizada,
á que se accede grazas a unha espacie de bucle
espazo-temporal onde se lembran intres e lugares
 debidamente codificados...--


De: Fornelos & Fornelos