martes, 16 de septiembre de 2014

MIRANDA RUÍZ, Xosé



Xosé Miranda (AELG)-3.jpg


EU DEPUREIME NO MEU PROPIO INFERNO.

Da miña propia dor fun levantado.
Amaba xa sufrir,vivir deitado,
e odiaba a primavera máis có inverno.

Soñar, se cadra, nese adeus eterno,
nesa estación do sempre inacabado,
nese tren que se vai cara ó pasado
nese pasado fixo nun caderno.

Soñar o verso, a vida, a rebeldía,
a xuventude, rápida e irredenta;
nestas tardes soñar o que as primeiras.

Soñar resucitar , resucitar, e un día
ser eu de novo: Aquel , a ollada atenta,
o peito limpo, as ilusións enteiras.



ÍA EN BUSCA DA LUZ A COMPOSTELA

de  portal en portal, de rúa en rúa,
e non viu outra luz cá luz da estrela
que en noites negras sustitúe á lúa.

Ía buscando a luz nunha xanela
pois creu que só era luz a que era súa,
e non viu outra luz nos ollos dela
ca da estrela distante, e fría e núa.

Ía buscando a luz que non había
pois é remota, ou morta , ou fuxidía
e que bota unha estrela sobre un home.

É a penas o sinal de que houbo un lume,
de que houbo un pasaxeiro vagalume,
e de que agora só perdura un nome.

De : Sonetosfera




martes, 20 de mayo de 2014

DÍAZ CASTRO, José María




Tralas pegagas de Díaz Castro, homenaxeado no Día das Letras Galegas



Ó traveso da escura teadaraña
deste mundo unha estrela cai no río
da miña vida e quédame chamando.
A beleza feríume para sempre...





NIMBOS

Se é que o poema é só un nimbo de lus
que os ollos cegos póñenlles ás cousas
soñadas, ou amadas nas teebras,

das cousas que xa foron e se foron
pro siguen sendo e non se van xa máis,
das sombras que, xogando cos meus ollos,
na miña vida en lume se enxeriron,

eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño.


NO VERME A ESTRELA

Esta sede infinita de pureza
ausoluta, esta sede de xustiza
que nos queima, esta sede de beleza...
baixo as alas da pedra  da preguiza
e a paga do pecado en cada esquina
e a herbiña sobre a foia e a ruína...

!Esta sede de lus, mentres o vento
da morte zúa darredor das cousas
que están no noso corazón , cincento
sopro que arrinca os días , queima as chousas
máis íntimas , e bárreas coma a ágoa...!
A lus do mundo é a que arde nunha bágoa.

                          De : Nimbos


lunes, 24 de marzo de 2014

PARADA JATO, Xesús Alfonso

Nado en Meiraos  , Folgoso de Courel (1.967) , escritor e artista plástico, colabora en numerosas revistas coma Xistral.

III

-¿ D´ onde veis?

-Da campa
-Andaba a auga quebrada?
-Non , hoxe non
-Non sei a qué fuches.

Olla os cumes envoltos na néboa
o abrazo das aciñeiras
as pedras brancas calías
o osn das fervenzas
de claras e limpas augas.

Lembra sempre , das uces, a cor súa
as pingas da choiva
mesturadas con raiolas.

(De : A cor das uces)


PROPOÑO NON DICIR NADA DE TANTAS COUSAS QUE
marchan
á danza das ánimas polas corredoiras.
Que foi dos caneleiros?
Só na memoria, rouco son o mencer.

O arado rabuña as terras que hoxe aran.
Florea o canso mazairo.Entre sombras só hai 
dor 
en catro cachos.

A xeada conxela o pouco que queda.
Roxen pisadas alleas.
verbas
na noite enteira.

DEVEZO POLAS CORES DA LÚA DE MAIO
cando é verán 
adiantado.
Tras a ponte xa se ven terras
espidas de flores.

Ollo cara ao infinito
mentres o día foxe ledo
e incerto.
Ollo cara a cerdeira que foi roxa
no inverno, ardendo.

Da obra colectiva: Sentimentalismo.Antoloxía de refrencia .Etapa de fundación

lunes, 17 de marzo de 2014

FERREIRO REAL, Cristina

                                                      



                                                   Enlace a su blog   : http://cristinha.blogspot.com.es/



  
FLASHBACK
I
durmo a medias
meto o dedo no café (*1)
suando motivos

as pombas
na miña man esquerda
reprodúcense.

II
este poema remata no inicio das túas mans
o desquilibrio escapado en ti

(o desequilibrio era unha pomba
e ti (*2) o desequilibrio
 granulado)

III
que este texto sexa unha cadeira dobregada (*3)
ou o poder bipartito
do bafo
das mans marcadas na mesa
ou o sensentido das carreteras
e esta
esta que sexa a hora de chopin
eterno(*4)interludio
dos camiños

que sexa isto dioivo
e que sexa no teu costado
para que te inclines
en papeis acartonados

pero o ceo non é nube
o ceo tiña dentro
clítoris descalzos(*5)
....extraviados
e un faiado.


.......................................................
*1: flashback I
*2 : flashback II
3*:   flashback III
4* :  flashback IV
*5:  flashbackV


(De: Desequilibras e caer)


DOROTHY TAMPOUCO ESTABA ALÍ: TEORÍA DA CASA

I

No fondo da escena  limpabamos a auga e furgabamos nas
caixas buscando peixes mortos,
cos ollos saídos en postura de agardar nada.A luz non era
suficiente.
Despois o frío de nove invernos entrou nos laboratorios e nas 
casas de contrabando,
con violacións de morada, violacións demoradas,
escenarios acantilados, soldados derretidos,
cabalos correndo cara Java,
area nos zapatos.

II

Poderíamos estar en suspensión.
Dentro da casa hai auga xeada e os seus habitantes teñen pés-patín.
Dentro da casa hai auga.
Fora da casa, isto.
A casa está en suspensión.


(De la obra colectiva: Sentimentalismo.Antoloxía de refrencia .Etapa de fundación)

sábado, 22 de febrero de 2014

LÓPEZ VALCÁRCEL, Xulio


II
Na cidade das pombas mortas
a balazos
é doado atoparse con persoas
que viviron un tempo
non pasado.
É doado atoparse,
na cidade das pombas mortas
 a balazos,
chorros de sangue
zumegando das fontes
sin que naide se abraie.
I é que na cidade
das pombas mortas
abalazos,
o sangue non é azul,
non é marelo;
non é branco
nin siquera bermello.
O sangue é medo
soio medo,
na cidade das pombas mortas
a balazos.
Poden falar de amor
nos cafés,os homes,
dous minutos e catrocentos anos;
poden, ó fin,calquer tarde,
quitarse os zapatos
e non voltar a camiñar sobre da terra,
os homes que dende sempre
esistiron...
na cidade das pombas mortas;
a balazos!


De:Víspera do día


sábado, 1 de febrero de 2014

VALLADARES LÓPEZ , Saturnino


 Fotografía: https://www.bookeiro.com/2017/07/segredos-da-fenix-e-o-primeiro-livro.htm

http://galegos.galiciadigital.com/es/saturnino-valladares-lopez


Incendiando la tarde
arden azules plumas de ternura
con sabor a sol.
Es una gaviota
que, alargándose, cruza mi mirada.

....
Desnúdate,
porque yo soy la sombra de la enredadera.
Tú eres mi patria.
Desnúdate y abrázame,
ahora que por fin te he encontrado.
....

De: Secretos del Fénix