domingo, 8 de abril de 2012

VARELA VAZQUEZ, Lorenzo




Xesús Lorenzo  Varela, fillo de emigrantes de Monterroso   naceu nun barco camiño da Habana , o 10 de agosto de  1.916,  pero  pasa  en Lugo a adolescencia e  mocidade  .Estuda o bacharelato no instituto, comenzando nesta cidade  a  primeiras  andanzas literarias e políticas 

                                                          Foto de Hoacio Cóppola





                     


LUGO

Na fonte de ferro,
no coiro dos bois,
no espello do vento,
da navalla e da flor
No recén da herba,
no lobo e no can,
nos oillos da meiga,
na pedra do lar.
No refaixo dela,
na ponte do alén,
no andar das ovellas,
no ar do mencer.
No cabalo quente,
no viño mellor, 
no que non se perde
no meu corazón.
Na noite senlleira,
no liño tecido,
na madeira tenra
dos vellos castiros.

Na vida, na morte, no amor e no ren,
louvareite, Lugo de aceiro e de mel.

A RUI XORDO


Aramos sobre os mortos nesta terra
e o noso pan ten un sabor de ósos
familiares, irmáns.O monte berra
baixo o arado, e chámannos os nosos
desde a morte con voces coñecidas:
"nin marqueses, nin cregos , nin doutores
fixeron as ribeiras verdecidas
nin o guerreiro coiro dos tambores.

Os condados do polvo son dos mortos
e quen queira ser dono desta terra
que venga navegando aos nosos portos
os que pidan o froito sen labores,
se non morran de seu , morran de guerra,
e desta terra , así , serán señores"





No hay comentarios:

Publicar un comentario