martes, 10 de abril de 2012

FERNÁNDEZ TEIXEIRO, Manuel María

Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, avións e a puñetazos.

Hai que ser duros, peleóns, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castróns e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.

Seríamos, sen fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.
Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, povo comun,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.

De: Canciós de lusco ó fusco

ROSAS

SEMPRE a rosa. Sempre:
a forma,
a cor,
o recendo,
a luz,
a perfección da rosa.
Prefiro a rosa vermella.
E amo a rosa branca
porque, cando lle digo
simplesmentes: ROSA,
entrecerra os ollos,
treme
e ruborece.





De :A lus ressuscitada 


O ARADIÑO

Labrado da miña mau
Fixen coa miña navalla
Un aradiño de pao...
Leva timón e chavella
!e unha rella furadora
Feita cunha lata vella!
Ten orelleiras, rabela
Tan luída e rematada
!que namora mirar pra ela!

O meu arado e tan feito
!que pode incluso esfender
labradíos a barbeito..!

!Teño xa que darlle estreno
ó meu arado arador,
ó meu arado pequeno..!

!E non sei onde hei de ir
busca-los bois que preciso,
busca-los bois pra xunguir!


 "O aradiño " Música : Mini e Mero
https://www.youtube.com/watch?v=ZeAosIChFeg



3 comentarios:

  1. o seu primer poema fala da lingua...pois FERNÁNDEZ TEIXEIRO...non Teijeiro!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

      Eliminar

    2. Eun non sei si a nai era Teixeiro ou Teijeiro , como si fora Dupont,penso que iso é o de menos, o que conta é que foi un grandísimo autor e defensor da nosa lingua.
      Pero vale, poño Teixeiro peeero porque me gusta máis...

      Eliminar