lunes, 9 de julio de 2012

RIVAS, Paco




Nace en Cervo-Lugo, profesor de Galego.Na década dos noventa exerce como asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra. Ten publicados numerosos artigos e estudos : Expresión e ditos populares da área mindoniense (1.992),  Oficios perdidos: léxico dos ferreiros (1.995),   Festas de Galicia (1.996), O concello nas aulas (1.999) Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2.000).
En 1.999 publica o poemario  "Cantaruxos do meu mar e outras cantigas" .Os poemas que recollemos no blog pertencen ao seu poemario  "De ti perdidamente ".

Quero durmir no teu colo
que me acoches co mantelo,
que me faigas as ciligras
con rulos do teu cabelo.
Que os teus xeonllos me arrolen 
nun run-run maino e lixeiro,
e cando estea durmido
me despertes cos teus beizos.

***
Xa non quero estar sin ti,
porque a vida sen ti vaise,
porque o día faise noite,
porque a xente faise naide,
porque o ceo faise inferno,
porque a min queimame o aire.


9 comentarios:

  1. onde se poden mercar os libros de poemas de paco rivas

    ResponderEliminar
  2. Puede que los tengan en casadellibro.com en internet , mira también si los puedes adquirir en Lugo o Santiago de segunda mano.
    Saludos

    ResponderEliminar
  3. En Santiago en Follasnovas merqueinos eu

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradecida coa colaboración de Anónimo

      Eliminar
    2. Qué bonitos versos y suenan tan bien en gallego...

      Eliminar
  4. Boas tardes. Non entendo a palabra "ciliga". Alguén ma pode definir.
    Gracias
    LUIS

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ciligras , tamén chamadas cóxegas (en galego) son " cosquillas".

      Bo día

      Eliminar
  5. Qué bonitos versos y suenan tan bien en gallego...

    ResponderEliminar