jueves, 29 de enero de 2015

CILLERO RODRIGUEZ, Marina






AUSENCIA

Me duele el corazón , ¡amor! de amarte
ansiando la luz de tu existencia
aspirando la esencia de tu esencia
y añorándote , ¡amor! al evocarte

Me duele el corazón y al no tenerte
la sangre, como hielo, se adormece;
el pulso, moribundo, languidece
y se ciegan los ojos al no verte

Me duele el corazón al ver mi lecho
con la huella aún caliente de tu vida
que se llevó tanto amor con tu partida

Me duele el corazón y aquí, en mi pecho,
arde el ansia voraz de tu presencia
y muero sin tu amor, ¡amor! de ausencia.

SON DE GAITA

Alumean os cantos nos meus beizos
e ceibo o meu alento, agarimoso
o seu seo , se enche, presuroso 
de soños, de ledicias, de desexos.

Como o  pai que deixou a súa semente
nunha tan xugosa terra preparada
sementei desta alma namorada
o mellor do mellor da miña mente

Meus sospiros seu fol foron enchendo
e devolvemos feitos armonías
de tristuras, de esperas, de alegrías.

E cando o sol e o día van morrendo
soa a gaita galega en que se encerra
a alma e o sentir da miña terra.
 

De: Poemas de amor y fantasía


miércoles, 14 de enero de 2015

DIÉGUEZ VÁZQUEZ, Lois





Lois Diéguez (AELG)-3.jpg



Nun intre chega o que non aprezamos
mais vivemos.
A alegria das cores
o movimento
o vivo susurro do son.
Orbazai en ónfalos:
ti dando-lle o centro arrequecido.
Quen pensaria que a bubela
podia pasar 
en lóstrego ferido
e morrer asi aos nosos pés?
Os nosos pés espidos
a descansar en pétalas
intensamente perfumadas.


...

SEGÜIN.1

A tristeza da casa abandonada.
Soa sostén un ceo grande.
Palabras voces a agromar
como un vello chafaris
-a cabra viña contra ti e rias-.
O tempo pasa.
Volven só os reflexos
a memoria que sostén o espellismo
para non morrer.
A casa pequena
baixo un ceo inmenso.
Cantos mundos xiraron
baixo o lousado ausente.
É certo?
Ou son asas ás que nos prendemos
para cortarmos o afogo
do noso corazón amedrontado?


De: Ónfalos

lunes, 1 de diciembre de 2014

CASANOVA SANTOS, Carlos




BODEGÓN CON UNA MIGA DE PAN

Si más pequeña fueras aún más te amaría,
pulgarcito de la luz, no importe que otra vez
me coloque las gafas para saber dónde estás, 
que al cabo te miran los ojos del alma. 
Y luego, cuando acaso ya fuiste festín
de pájaro o gallina,inútilmente va
 mi memoria a rescatarte, a quererte el corazón
sin saber si realmente fue señor de cosa alguna,
sin saber si alguien te puso en la senda del mantel
por seguir con sigilo los pasos de Dios,
pequeñísima amiga, partícula de viento,
átomo de amor, semilla de silencio,
copo de nieve que buscas en mí
el calor que te funda en la paz de la nada.

De: Versos de arte chica





miércoles, 5 de noviembre de 2014

ESTÉVEZ LÓPEZ, José








 I

A heroicidade de esquecer,
de esquecernos
ou quizais o cansazo
de non falarnos,
do autismo
partisanos.

Desorientada respira,
escasa,
a calma pasteurizada.

¡Como me doen os ollos,
preñados de tristeza..!
¡Se ti souberas meu amor,
canto amor roto..!

Equivoquei as vacilacións
nos meses de insomnio.

Cada mañán pregúntome
que prezo pagarei
por este infatigable silencio...
¿Onde os víveres..?
Palpitante,

ASUBÍA A TRISTEZA.


....


ESCORREDOIRO SEXTO

E ímonos morrendo,
en cada vela.

En cada vela
que mercamos
para celebrar
os aniversarios.

...as trompetas que anuncian
aldrabas batendo nas idades...

E imos morrendo
meu amor.

Nas alegorías altivas.

Por non ser inmunes.

Sen corrección posible
a erosión do tránsito.

Licuámonos
en cada ano
que descende,
en cada ano
razzia
no
calendario,
no foro diario
raposo arterio,
salteador de pétalos...

...non espera por nós, non,
os anos, areas escorregadizas
(quizais quen espera desespera).

Non conceden prórrogas,
verdugos virtuosos
do inaplazable.

Contabilizan
impertérritos,
a deserción
do capital social
inicial,
a mudanza
na impaciencia,
a destitución
dos dentes do leite,
dos pantalóns curtos,
das saias
de crocodila
seducindo
bedeis
cun toque
de calcetíns..

(Fragmento de Maxisterio Lugo 73-76)







lunes, 6 de octubre de 2014

ARIAS CASTAÑO, Xela





INDECISIÓN

Entrabas, furor en man,
reclamar esa condición de estar.

(Sófrete quen vai contigo)

Vas poñer
as pedras sobre as pedras e sobre as pedras
        un nome amado:

Sófrete quen vai contigo,
e vénse,
a modo,
abaixo a túa idea da loucura.

.....

III .MONÓLOGO ADICTO

Xa non teño fala.
Despois de recorta-los verbos quedei sen lingua
á que atender.
A nosa inmensidade remata un centímetro á redonda.
Non fales comigo,
deixei á posta o código
nas escaleiras da entrada ás casas.

Recortei, coma quen non o quere, os ámbitos.
Case me perdo,meu, entre os paseantes.
Así que , recortei os ámbitos.
Agora teño o idioma inclinado nas entrañas.
E perdín para botalo fóra todo interese.
¿Que mais me ten que a min me entendas?



De: Tigres coma cabalos




martes, 16 de septiembre de 2014

MIRANDA RUÍZ, Xosé



Xosé Miranda (AELG)-3.jpg


EU DEPUREIME NO MEU PROPIO INFERNO.

Da miña propia dor fun levantado.
Amaba xa sufrir,vivir deitado,
e odiaba a primavera máis có inverno.

Soñar, se cadra, nese adeus eterno,
nesa estación do sempre inacabado,
nese tren que se vai cara ó pasado
nese pasado fixo nun caderno.

Soñar o verso, a vida, a rebeldía,
a xuventude, rápida e irredenta;
nestas tardes soñar o que as primeiras.

Soñar resucitar , resucitar, e un día
ser eu de novo: Aquel , a ollada atenta,
o peito limpo, as ilusións enteiras.



ÍA EN BUSCA DA LUZ A COMPOSTELA

de  portal en portal, de rúa en rúa,
e non viu outra luz cá luz da estrela
que en noites negras sustitúe á lúa.

Ía buscando a luz nunha xanela
pois creu que só era luz a que era súa,
e non viu outra luz nos ollos dela
ca da estrela distante, e fría e núa.

Ía buscando a luz que non había
pois é remota, ou morta , ou fuxidía
e que bota unha estrela sobre un home.

É a penas o sinal de que houbo un lume,
de que houbo un pasaxeiro vagalume,
e de que agora só perdura un nome.

De : Sonetosfera